Alalá nº 47 "Xacarandaina" - TVG

Alalá TVG
Alalá TVG
7.4 هزار بار بازدید - 9 سال پیش - ALALÁ Nº47: "XACARANDAINA"Emisión en Televisión
ALALÁ Nº47: "XACARANDAINA"
Emisión en Televisión de Galicia: 17 de abril de 2007

Xacarandaina tén novo espectáculo. E isto é para os amantes da música e do baile tradicionais unha gran noticia. Porque este grupo, un dos históricos do folclore galego, leva case trinta anos colleitando aplausos pola súa perfección no escenario e pola fidelidade coa que interpretan as cancións e as coreografías que recollen directamente dos maiores nas aldeas. Neste Alalá comprobarémolo, e asistiremos a este espectáculo chamado Prestixio e baseado na enorme riqueza en música e tradicións da Costa da Morte.

Se algo caracteriza á Asociación Xuvenil Xacarandaina é que dentro dos seus dous mil socios hai familias enteiras, desde os avós ós netos. No programa coñeceremos a unha destas familias, na que os pais comezaron a asistir a clases de baile hai pouco, despois de ver o ben que o pasaban os fillos, e fartos de esperar por eles cando os levaban ós ensaios ou a actuar desde que os nenos tiñan catro anos ata agora que están preto dos vinte.

Ademais da sona do grupo de baile, a asociación é moi coñecida tamén polo Círculo de Actividades de Tempo Libre. Dos cursos que organizan sae a canteira dos bailadores e músicos que compoñen o grupo, pero o abano de actividades que ofrecen vai moito máis alá do folclore. Hai de todo: desde as clases de reciclaxe para cativos ás de pintura ó óleo, ximnasia ou bailes de salón. Unha oferta para tódolos gustos e uns alumnos que van dos tres anos ós setenta. Sen perder de vista o obxectivo co que naceu Xacarandaina: pasalo ben e divulga-lo folclore galego moito máis alá das nosas fronteiras.
9 سال پیش در تاریخ 1394/04/22 منتشر شده است.
7,499 بـار بازدید شده
... بیشتر