Altri: a sede insostible

O Salto Galiza
O Salto Galiza
6.7 هزار بار بازدید - 3 ماه پیش - A Xunta, Altri e Greenalia
A Xunta, Altri e Greenalia pretenden instalar unha fábrica de celulosa e lyocell no centro do país. O que ía ser un proxecto “sostible” e “respectuoso co medio” rematou sendo o enésimo intento de lucro do capitalismo salvaxe cos recursos da nosa terra. Na súa defensa, a veciñanza da Ulloa organizada, protexendo os seus ríos, o seu aire e os seus empregos deste intento de espolio.

O audiovisual percorre o ciclo da auga proxectado pola promotora do proxecto; desde o punto de recollida de ata 46 millóns de litros diarios en Brocos, ata O Sexo, onde será devolta parte da auga, tratada e máis quente. Polo camiño, 20 quilómetros de tubaxes, centos de fincas expropiadas, e unha megafactoría en Palas de Rei, pegada ao Camiño de Santiago, que emitirá oxido de xofre e óxido de nitróxeno á atmosfera.

Voces expertas e veciñas destes lugares expoñen de que xeito lles pode afectar no seu día a día e nos seus empregos, nunha zona vizosa de proxectos sostibles que agora son amenazados.

O audiovisual, de ‪@Xarda‬  e O Salto Galiza, foi realizado por Elena Martín e Pablo Santiago e contou co apoio e a colaboración de varias asociacións e plataformas en defensa do territorio.

.
3 ماه پیش در تاریخ 1403/03/04 منتشر شده است.
6,740 بـار بازدید شده
... بیشتر