Existiu o Reino de Galicia?

Falemos Do Reino de Galicia
Falemos Do Reino de Galicia
12.8 هزار بار بازدید - 2 سال پیش - #ACulturaÉUndereito
#ACulturaÉUndereito #galiza #ReinodeGalicia #Suevos #Irmandiños #xacobeo21_22 #Historiagalicia #youtubeiras #youtubeiros #premiosyoutubeiras2022

A historia é un disciplina complexa, chea de arestas e de contradicións por causa da imposibilidade de reconstruírmos completamente o pasado. Porén, no caso de Galiza, esta ambigüidade é se cadra maior, ao non se ter desenvolvido nos mesmos termos que aquelas historiografías, como a alemá ou a francesa, que desde o século XIX contaron coa forza dun Estado a tentar construír o seu relato nacional. Quen amamos a historia, procuramos co noso traballo axudar a entender que o pasado vive aínda no noso presente. Divulgala entre a sociedade para que sexa esta, a través da memoria colectiva, quen axude a preservala de xeración en xeración.

A nosa historia elaborouse, en grande medida, desde as marxes, e talvez o exemplo máis claro disto sexa o coñecemento fragmentado que temos do Reino de Galiza. Ignorado e ocultado pola historiografía oficial durante décadas, na actualidade experimenta un revival, un aumento do interese por parte da sociedade galega e tamén das propostas que pretenden poñelo en valor.

Máis que sabemos en realidade do Reino de Galiza? Como é posíbel que catorce séculos de historia desaparecesen do imaxinario colectivo?


---- Producido pola cooperativa audiovisual Suseia para coñecer máis producións similares visita a súa web
http://suseia.gal ou @suseia.coop en Instagram.

---- Proxecto seleccionado pola Área de Cultura da Deputación de A Coruña para formar parte do seu "Fondo Cultural do Reino de Galicia". Recomendamos seguir a súa canle
@culturadeputaciondacoruna5637 ou o perfil @DACCultura nas redes sociais.

Agradecementos:
A Carlos Lixó, por amosarnos a Galiza con perspectiva histórica e cun sorriso sempre na cara.
A Xosé Miguel Andrade, Mariña Bermúdez, Anselmo López Carreira, Miguel Garcia-Fernández, Manuel Gago e Carlos Barros por sumarse á aventura cando esto era tan só unha idea nun par de folios.
A Universidade de Santiago e o Museo do Pobo Galego por abrirnos as portas dos seus cláustros.
A Fundación Catedral de Santiago que nos abriron todas e cada unha das portas precisas para ambientar esta aventura.
O Museo Arqueolóxico de Dume.
A Catedral de Mondoñedo e en especial ó noso guía na visita, Don Pedro.
Ó Concello de Celanova e Pontedeume.
A todos vós, que nos axudáchedes na súa difusión.

______________________________________________________________________________________________
SINOPSIS EN CASTELLANO
La historia es una disciplina compleja, llena de aristas y de contradicciones por culpa de la imposibilidad de reconstruir completamente el pasado. Sin embargo, en el caso de Galicia, esta ambigüedad es todavía mayor al no desarrollarse de la misma forma que historiografías, como la alemana o la francesa, que desde el siglo XIX contaron con la fuerza de un Estado para construir su relato nacional. Quienes amamos la historia ayudamos a entender que el pasado vive en el presente.
La hostoria de Galicia se ha elaborado, en gran medida, desde los márgenes.
Tal vez el ejemplo más claro de esto sea el conocimiento fragmentado que tenemos del Reino de Galiza. Ignorado y ocultado por la historiografía oficial durante décadas, ahora vemos de nuevo
un aumento del interés por parte de la sociedad y de las propuestas que buscan ponerlo en valor.
¿Cómo es posible que 14 siglos de historia desapareciesen del imaginario colectivo?
2 سال پیش در تاریخ 1401/08/19 منتشر شده است.
12,889 بـار بازدید شده
... بیشتر